Revelación

do Galizionario, dicionario galego na Internet.


Revelación é a acción e o efecto de revelar, manifestar unha verdade secreta ou oculta.

Relixión[editar]

O revelado é o dito ou dado a entender, xeralmente por parte dunha divindade ou ser sobrenatural, sobre unha cousa da cal non se tiña coñecemento previo, e que se considera verdade polos que participan desa revelación, constituíndo a parte central da súa vivencia relixiosa.

Existen moitas relixións reveladas, monoteístas ou politeístas, baseadas en libros sagrados ou en mitos transmitidos oralmente.

Revelación en sentido figurado[editar]

Como extensión do uso do concepto, aplícase a calquera novidade impactante no campo do coñecemento, da información ou mesmo ao xurdimento dunha nova personalidade como, por exemplo, no Premio Goya ao mellor actor revelación ou no Premio Goya á mellor actriz revelación, etc.

Non convén confundir con outros termos de nome similar, pero sen relación significativa como, por exemplo, o revelado fotográfico.