sociedade: Diferenzas entre revisións

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Contido eliminado Contido engadido
ILVI (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 15 de marzo de 2003 ás 12:08

sociedade s.f.

  1. Forma de organizarse o ser humano e certos animais, que consiste en grupos de individuos entre os que se establecen relacións en función de leis naturais ou regras establecidas. As abellas e as formigas viven en sociedade.
  2. Grupo de persoas que se dedican a un traballo ou actividade común. Fundaron unha sociedade económica.
S. anónima. Sociedade de comercio constituída por accións e na que os socios son soamente responsables en relación ó valor das mesmas. A súa abreviatura é S.A.
S. limitada. Sociedade de comercio cun número limitado de socios e capital coñecido. A súa abreviatura é S.L.