danzar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /daŋ.'θaɾ/ ou /daŋ.'saɾ/ (AFI)

Verbo intransitivo

danzar

Danzando á beira do Manzanares. Goya
  1. (Arte) Mover o corpo ao compás da música.
    • Exemplo: Despois da voda danzamos sen parar.

  2. (Figurado) Ir ou moverse, sen motivo, dun lado para outro.
    • Exemplo: Este rapaz sempre anda danzando, non para quieto.

Sinónimos

bailar

Verbo transitivo

  1. Executar unha danza.
    • Exemplo: Aquela tarde danzamos moito

Sinónimos

bailar