ameixa babosa
Aparencia
Galego
ameixa babosa (sg: ameixa babosa; pl: ameixas babosas)
- (Zooloxía, Alimentación) Especie de molusco bivalvo heterodonte da orde dos veneroides e familia dos venéridos. Vive soterrada nos sedimentos de area lamacenta das costas do Atlántico oriental, desde Noruega até Suráfrica. É apañada e consumida en Galicia e outros países da Europa occidental.
Nome científico
- Venerupis corrugata
- Venenerupis pullastra
- Venerupis senegalensis