Saltar ao contido

ad multos annos

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Expresión

ad multos annos

  1. Definición impropia: Utilízase para felicitar e desexar longa vida a unha persoa. É unha expresión habitual nas felicitacións que se conservaron en latín. Antigamente era unha fórmula retórica de uso habitual no remate das correspondencias. No mundo xermano segue a se utilizar nas corporacións estudantís como fórmula de proclamación nos encontros, sobre todo como un brinde. Como forma de saúdo de orixe cristiá aparece na liturxia, cando se consagraba a un bispo: o bispo consagrado repetíaa tres veces ao bispo consagrante.