xeniantiales
Aparencia
Galego
Etimoloxía: do latín científico Gentianales.
Pronuncia: /ʃe.njaŋ.ta.les/ (AFI)
- (Botánica) Orde de plantas fanerógamas caracterzadas por teren follas simples, opostas ou colocadas en espiral e as flores adoitan seren vistosas e similares en tamaño e forma, e os pétalos adoitan estar unidos, e os froitos son variados, xeralmente con numerosas sementes, e o ovario xeralmente se encontra nunha posición superior dentro da flor. As árbores, os arbustos e as enredadeiras son característicos desta orde, máis que as herbas anuais ou perennes.