Saltar ao contido

vertente

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /beɾ.teŋ.te̯/ ou /beɾ.tɛŋ.te̯/ (AFI)

Adxectivo

vertente
(sg: vertente; pl: vertentes)

  1. Que verte.

Substantivo feminino

vertente
(sg: vertente; pl: vertentes)

  1. Pendente por onde pode correr a auga.
  2. Cada un dos lados inclinados dun tellado.
  3. Aba dunha montaña, ou dun conxunto de montañas da mesma orientación.
  4. (Figurado) Perspectiva, aspecto ou punto de vista dun asunto.

Substantivo feminino plural

vertentes

  1. Augas que non flúen por canles e que non se poden desviar.