ventureiro

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Adxectivo

ventureiro (ms: ventureiro; mpl: ventureiros; fs: ventureira; fpl: ventureiras)

  1. Animal que, sendo doméstico, vive ceibo buscando o seu propio alimento.
    • Exemplo: Unha galiña ventureira foi quen de sacar unha boa niñada.

  2. (Por extensión) Meniño que non ten pai coñecido.
  3. (Botánica) Planta que ninguén plantou.
    • Exemplo: O gado mantíñase só de herbas ventureiras.

    • Sinónimos: silvestre
  4. Casual, froito do azar.
    • Exemplo: Castelao preguntábase se serían ventureiras as afinidades dos petróglifos galegos cos relevos exipcios.

Traducións