veceira

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Etimoloxía: de vez.
  • Pronuncia: /beˈθejɾa̝/ (AFI)

Substantivo feminino

veceira (sg: veceira; pl: veceiras)

  1. Tempo en que lle corresponde a unha persoa algo de acordo cunha repartición previa.
  2. (Gandaría) Rabaño de gando comunal, propiedade dos veciños dun lugar.
    • Sinónimos: rabañada, rabaño.
    • Observacións: Aínda que se utiliza maioritariamente para referirse ó gando lanar, tamén está rexistrado o uso para o gando vacún.
    • Exemplo: Por unha ovella non se perde a veceira.

  3. Período de tempo durante o que alguén ten dereito ou obriga de usar un ben comunal (como a auga do rego) ou facer un labor colectivo (como alindar o rabaño comunal).

Termos relacionados

Traducións