Saltar ao contido

valume

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Substantivo masculino

valume (sg: valume; pl: valumes)

  1. (Agricultura) Conxunto de produtos vexetais que se rozan no monte para estrar as cortes do gando.
  2. (Agricultura) Conxunto de algas que se recollían da beiramar e coas que se estercaban as terras de labor.
    • Exemplo: ¿Lembras cando iamos co carro recoller o valume na praia?

    • Sinónimos: argazo, valumada