urea
Aparencia
Galego

Etimoloxía: do francés urée, e esta do grego antigo οὖρον oûron 'urina'.
Pronuncia: /u.'ɾe.a̯/ (AFI)
- (Fisioloxía) e (Química orgánica) Diamida do ácido carbónico, de fórmula CO(NH2)2, sólido cristalino e incoloro que se comporta como unha base débil, que é o produto principal do catabolismo das proteínas dos animais carnívoros e omnívoros, e que se elimina pola urina; en cantidades menores, preséntase no sangue, no fígado, na linfa e nos fluídos serosos, no corazón, nos pulmóns, nos ósos e nos órganos reprodutores, así como no seme.
