tacón

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Zapato de tacón
  • Pronuncia: /ta.'koŋ/ (AFI)

Substantivo masculino

tacón (sg: tacón; pl: tacóns)

  1. Peza que leva o zapato na parte posterior da sola, debaixo do calcañar, para levantalo máis ou menos por esa parte, en particular, cando esa peza é bastante alta.
    • Exemplo: A miña moza anda sempre con zapatos de tacón alto

      .

Sinónimos

taco

Substantivo masculino plural

tacóns

  1. Por extensión, zapatos de tacón alto.
    • Exemplo: Para ir á festa vou poñer os tacóns.