túnica
Aparencia
Galego
Pronuncia: /'tu.ni.ka̯/ (AFI)

túnica
(sg: túnica; pl: túnicas)
- (Historia) Entre os antigos romanos e outros pobos da Antigüidade, vestido interior, e ás veces exterior, longo, con ou sen mangas, que se levaba axustado ao corpo e que chegaba até os xeonllos nos homes e até os nocellos nas mulleres.
- (Historia) Vestidura ancha e longa, parecida á anterior, que se usaba no exterior.
- (Bioloxía) Membrana delgada que cobre un órgano ou parte del.
- (Botánica) Tegumento ou envoltura fina que cobre certos bulbos.
- (Zooloxía) Capa coriácea ou xelatinosa, constituída por tunicina, que envolve a epiderme dos urocordados.
