tóxico
Aparencia
Galego
Etimoloxía: o latín toxĭcum, 'veleno', e este do grego antigo τοξικόν toxikón 'veleno para empenzoñar as frechas', derivado de τόξον tóxon, 'arco'.
Pronuncia: /'tɔk.si.ko̯/ (AFI)
tóxico
(ms: tóxico; mpl: tóxicos; fs: tóxica; fpl: tóxicas)
- Dise da substancia, da parte ou do lugar que contén veleno ou produce envelenamento.
- Pertencente ou relativo a unha substancia tóxica.
- (Figurado) Que ten unha influencia nociva ou perniciosa sobre alguén.
Observacións
Na 1ª acepción úsase tamén como substantivo.