stilton

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «stilton».
  • Etimoloxía: da localidade inglesa de Stilton.

Substantivo masculino

stilton

  1. (Alimentación) Queixo inglés do que se producen dúas variedades: a moi coñecida blue (azul) e a menos popular white (branco). Elaborado con leite de vaca, de aroma e sabor forte, a súa codia grosa e dura presenta mofo. Tómase en distintos graos de maduración: tenro, semicurado, curado. A súa pasta semidura pode ser de cor branca ou laranxa, que pode presentar veas azuis.

Traducións