selo
Aparencia
Galego
Pronuncia: /'se.lo̯/ (AFI)
selo
(sg: selo; pl: selos)
- Anaco de papel cunha figura gravada e con indicación do seu importe, emitido por unha administración postal, destinado a franquear os envíos nos servizos de correos.
- Matriz ou outro utensilio, de metal ou de caucho, que leva gravado en relevo signos propios dunha persoa ou institución, para estampalos a presión, tinguilos nun tampón ou imprimilos nun papel, e que serven para identificar a propiedade dunha cousa, ou garantir a autenticidade ou validez dun documento.
- Marca de fábrica estampada ou impresa cun selo que serve para indicar a datación e a procedencia dunha peza cerámica, tellas e ladrillos.
- Característica propia de algo ou de alguén que a diferencia do resto.