Saltar ao contido

sacrificio

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /sa.kri.'fi.θjo̯/ ou /sa.kri.'fi.sjo̯/ (AFI)

Substantivo masculino

sacrificio
(sg: sacrificio; pl: sacrificios)

  1. Acción de sacrificar ou sacrificarse.
  2. Matanza de animais, especialmente para o consumo.
    • Exemplo: A lexislación europea impón un protocolo durante o sacrificio respectuoso co benestar animal.

  3. Matanza de persoas nunha guerra ou debido unha determinada causa.
  4. Ofrenda a unha deidade en sinal de homenaxe ou expiación.
  5. (Relixión) No catolicismo e noutras relixións cristiás, acto do sacerdote ao ofrecer, na misa, o corpo de Cristo, baixo as especies de pan e viño, en honor do Pai Eterno.