rodaballo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «rodaballo».
  • Pronuncia: /roðaˈβaʎo̝/ (AFI)

Substantivo masculino

Rodaballo

rodaballo (sg: rodaballo; pl: rodaballos)

  1. (Alimentación) (Ictioloxía) Peixe mariño da orde dos pleuronectiformes, de nome científico Psetta maxima (Linneo, 1758) ou Scophthalmus maximus, de corpo plano, case circular e coa pel desprovista de escamas pero con numerosos tubérculos cónicos. Presenta os ollos no lado esquerdo. A súa cor, gris pardo veteado, cambia en función da cor do seu contorno.
    • Exemplo: A min, o rodaballo ó forno fáiseme moi seco.

    • Observacións: Ós rodaballos pequenos denomínaselles rodos.

Termos relacionados

Traducións


Castelán

Substantivo masculino

rodaballo (sg: rodaballo; pl: rodaballos)

  1. (Alimentación) (Ictioloxía) Rodaballo.