Saltar ao contido

regulador

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /rɛ.ɣu.la.'ðoɾ/ (AFI)

Adxectivo

regulador
(ms: regulador; mpl: reguladores; fs: reguladora; fpl: reguladoras)

  1. Que regula ou serve para regular.

Substantivo masculino

regulador
(sg: regulador; pl: reguladores)

  1. (Música) Dispositivo do órgano que regula a entrada de aire nos tubos para evitar distorsións no son.
  2. (Tecnoloxía) Dispositivo que efectúa opermite efectuar unha regulación.
  3. (Tecnoloxía) Dispositivo situado entre a dínamo e a batería dun automóbil que regula a intensidade e a tensión da corrente eléctrica continua xerada pola dínamo en función da carga da batería.
  4. (Xenética) Xene dun cromosoma que ten a función de elaborar unha proteína represora específica que bloquea o xene operador, responsábel de dar a orde de elaboración dunha proteína.