Saltar ao contido

reflector

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /re.flɛk.'toɾ/ (AFI)

Adxectivo

reflector
(ms: reflector; mpl: reflectores; fs: reflectora; fpl: reflectoras)

  1. Que reflicte.
  2. (Física) e (Tecnoloxía) Que envolve o núcleo dun reactor nuclear e reduce a fuxida de neutróns cara ao exterior.

Substantivo masculino

reflector
(sg: reflector; pl: reflectores)

  1. (Física) Superficie pulida para producir unha reflexión.
  2. (Física) Dispositivo destinado para modificar a distribución espacial do fluxo luminoso dunha fonte, baseado no fenómeno da reflexión.
  3. (Tecnoloxía) Elemento dunha antena que serve para reflectir as ondas hercianas.