redutor
Aparencia
Galego
Etimoloxía: de reducir.
Pronuncia: /re.ðu.'toɾ/ (AFI)}
redutor
(ms: redutor; mpl: redutores; fs: redutora; fpl: redutoras)
- Que reduce.
- (Ecoloxía) Aplícase aos organismos que, no seu ciclo biolóxico, transforman en materia inorgánica a materia orgánica acumulada por produtores e consumidores.
redutor
(sg: redutor; pl: redutores)
- (Física) e (Tecnoloxía) Dispositivo para reducir o valor dunha tensión; pode ser un transformador ou ben unha resistencia que provoca a caída de tensión adecuada.
- (Química) Especie química que, nunha reacción de oxidación-redución, cede electróns, e por tanto, oxídase.