racionalismo
Aparencia
Galego
Pronuncia: /ra.θjo.na.'lis.mo̯/ ou /ra.sjo.na.'lis.mo̯/ (AFI)
racionalismo
(sg: racionalismo; pl: racionalismos)
- Actitude en virtude da cal se busca unha comprensión ou unha interpretación das cousas dun xeito unicamente racional.
- (Arte) Movemento arquitectónico europeo, iniciado arredor de 1918 que utiliza as formas funcionais da industria para atender as necesidades sociais, caracterizado pola construción dos edificios de dentro a fóra, pola planta e a fachada libres, e polo uso de elementos prefabricados.
- (Filosofía) Doutrina filosófica que defende a razón como a única fonte válida, fronte á experiencia sensíbel ou afectiva, para o coñecemento, a comprensión ou a interpretación verdadeira da realidade.
- (Relixión) Doutrina que interpreta e fundamenta as crenzas relixiosas unicamente a partir da razón.