rabiza

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

rabiza1

  • Pronuncia: [raˈβi.θɐ] (AFI)

Substantivo feminino

rabiza (sg: rabiza; pl: rabizas)

  1. (Alimentación) (Botánica) Cada unha das follas do nabo antes da floración da planta.

rabiza2

  • Etimoloxía: de rabo.
  • Pronuncia: [raˈβi.θɐ] (AFI)

Substantivo feminino

rabiza (sg: rabiza; pl: rabizas)

  1. (Agricultura) Parte do arado tradicional galego. É unha peza de madeira curvada cara a atrás, unida a outra peza de madeira, o rastro ou cabazo que, no outro extremo, pode levar unha punta de ferro, denominada rella. Ámbalas dúas partes, rabela e rabiza, ás veces construíanse dunha soa peza.
  2. (Mitilicultura) Parte superior das cordas dunha mexilloeira (batea de cultivo de mexillóns), que se empata aos paus da batea e chega até unha profundidade de un metro baixo o mar, aproximadamente. Ao estar en boa parte exposta ao sol e ao aire, estrágase con facilidade e hai que renovala cada 2-3 anos. A parte inferior, a corda propiamente dita, é a que soporta os mexillóns.