Saltar ao contido

puír

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /pu.'ir/ (AFI)

Verbo transitivo

puír

  1. Alisar ou facer brillante algo.
    • Exemplo: Para usar os corais como xoias hai que puílos.

  2. (Figurado) Corrixir algo que ten algunha imperfección.
    • Exemplo: O artigo que escribiches non está mal pero tes que puílo un pouco.

  3. (Figurado) Facer que algo ou a alguén sexa menos groseiro, menos basto.
    • Exemplo: Tes que puír o comportamento do teu fillo

      .

Observacións

Naacepción seu sinónimo é desbastar.