presentador

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /pɾesentaˈðoɾ/ (AFI)

Substantivo

presentador (ms: presentador; mpl: presentadores; fs: presentadora; fpl: presentadoras)

  1. (Profesións) Profesional que presenta e comenta un espectáculo, ou un programa televisivo ou radiofónico.
  2. (Morfosintaxe) Grupo de adverbios que teñen esa función (velaí, velaquí, eis)
  3. (Morfosintaxe) Funcion que desenvolve, xunto coa de actualizador, o artigo, ó aportar coa súa presenza a primeira concreción e a primeira contextualización dun núcleo dun sintagma nominal que aparece por primeira vez no discurso.

Termos relacionados

Traducións

Véxase tamén