polimería
Aparencia
Galego
Etimoloxía: de polímero.
Pronuncia: /pɔ.li.mɛ.'ɾia̯/ (AFI)
polimería
(sg: polimería; pl: polimerías)
- (Xenética) Herdanza na que diversos xenes non alelos actúan aditivamente, de xeito que unicamente modifican a intensidade dun carácter.
- (Química) Feito de estar unidas entre si varias moléculas dun corpo, orixinando outro cuxa composición é a mesma que a do corpo orixinal, pero cuxo peso molecular é múltiplo do de aquel.