poexo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «poexo».
  • Pronuncia: [poˈe.ʃʊ] (AFI)

Substantivo masculino

poexo (sg: poexo; pl: poexos)

  1. (Botánica) Planta arómatica, que se adoita tomar en infusión ou como condimento, unha das especies máis coñecidas do xénero Mentha, pertencente á familia das labiadas, é unha perenne de raíces rizomatosas que crece ben en sitios húmidos, de talos cuadrangulares, moi ramificados, pode chegar a medir entre 30 e 40 cm, as follas son lanceoladas e lixeiramente dentadas, de cor entre verde medio e escuro e dispostas opostas ao longo dos talos, con pequenas flores rosadas nacen agrupadas en apertadas inflorescencias globosas.

Nome científico

Traducións