perfil
Aparencia
Galego
Pronuncia: /peɾ.'fil/ (AFI)
- Contorno ou liña que limita a figura exterior de algo ou dalguén.
- Contorno da cara dunha persoa vista de costado.
- Conxunto de trazos que definen o carácter ou a condición de algo ou alguén.
- Cada un dos trazos máis finos dunha letra manuscrita ou impresa.
- Conxunto dos trazos propios que caracterizan a alguén ou a algo.
- Nunha rede social, identidade dun usuario.
- Espazo virtual asociado a cada perfil dunha rede social, na que o usuario publica e comparte información.
- Deseño especial dunha cousa para que cumpra unha determinada función real, ou con carácter unicamente ornamental.
- En topografía, tarazado topográfico.
- (Tecnoloxía) Barra metálica, de aceiro ou aluminio, de perfil especial e de sección constante, que se obtén por laminación, extrusión ou estiramento cuxa sección transversal ten diversas formas, tales como simples tes, dobres tes, cadradas, redondas, rectangulares, triangulares, etc.
- (Xeografía) Gráfico que representa as fases ou os estadios da evolución no estudo dos vales fluviais.
Termos relacionados
de perfil, medio perfil, perfil de equilibrio, perfil hidráulico, perfil lonxitudinal