pectoral
Aparencia
Galego
Etimoloxía: do latín pectorālis.
Pronuncia: /pɛk.to.'ɾal/ (AFI)
pectoral
(sg: pectoral; pl: pectorais)
- Pertencente ou relativo ao peito, ao tórax, ou á cintura escapular.
- (Farmacia) Dise das preparacións farmacéuticas que aumentan a fluidificación das secrecións broquiais e facilitan, polo tanto, a súa expulsión pola tose.
pectoral
(sg: pectoral; pl: pectorais)
- (Arte) e (Historia) Peza de ourivaría ou de tea bordada, a miúdo con pedraría, que empregaban na Antigüidade os faraóns, os grandes sacerdotes hebreos ou outras xerarquías relixiosas.
- (Arte) e (Historia) Xoia cuadrangular que se utilizaba antigamente para suxeitar a capa sobre o peito.
- (Historia) Peza de aceiro ou de coiro da armadura que cubría o peito.
- (Relixión) Cruz de ouro ou de prata que os bispos e outros prelados levan colgada sobre o peito.