Saltar ao contido

paso

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «paso».
  • Pronuncia: /ˈpaso̝/ (AFI)

Substantivo masculino

paso (sg: paso; pl: pasos)

  1. Movemento feito cos pés ao andar.
  2. Distancia que hai entre un e o outro ao andar, pousándoos.
  3. Marca que se forma no chan ao pisar.
  4. Xeito de camiñar de ritmo lento e repousado.
  5. Forma de camiñar as cabalarías.
  6. Acción de pasar dun sitio a outro, de deixar algo atrás.
  7. Cada unha das superficies horizontais dunha escada ou escaleira, onde se pon o para subir ou baixar.
  8. Lugar destinado para pasar por el dun lugar a outro.
  9. Lugar estreito e difícil para pasar.
  10. Dereito a pasar por un lugar.
  11. (Relixión) Cada unha das pasaxes da Paixón de Cristo.
  12. Composición escultórica que mostra algún destes sucesos da Paixón de Cristo.
  13. (Arquitectura) Cada unha das pedras colocadas sobre o leito dun río, de pouca profundidade, para vadealo.
  14. Medida de lonxitude variable, fóra do sistema métrico decimal.
  15. Distancia da rosca dun parafuso.
  16. Acción ou decisión importante de avance cara a un fin.
  17. Movemento nunha danza.
  18. Cada un dos avances que realiza un aparello contador.
  19. Cada unha das operacións ou trámites que hai que facer nun proceso para a realización de algo.
  20. (Xeografía) Estreito.
  21. (Literatura) Peza teatral curta, de carácter cómico.
  22. (Deportes) Falta en que incorre un xogador en certos xogos ao andar coa pelota na man.
    • Observacións: Emprégase en plural, pasos.

Adxectivo

paso (ms: paso; mpl: pasos; fs: pasa; fpl: pasas)

  1. Dise do froito que é secado ao sol ou por outros métodos artificiais.

Termos relacionados

Referencias