pasaxe
Aparencia
Galego
Pronuncia: /pa.'sa.ʃe̯/ (AFI)
pasaxe
(sg: pasaxe; pl: pasaxes)
- Acción de pasar dun sitio a outro.
- Lugar por onde se pasa ou se pode pasar.
- Dereito a pasar por un lugar alleo.
- Prezo que se paga polo transporte nun vehículo. .
- Conxunto dos pasaxeiros que viaxan nun medio de transporte colectivo.
- Fragmento dun texto ou dunha obra musical.