paradigma
Aparencia
Galego
Etimoloxía: do latín tardío paradigma, e este do grego antigo παράδειγμα parádeigma.
Pronuncia: /pa.ɾa.'ðig.ma̯/ (AFI)
paradigma
(sg: paradigma; pl: paradigmas)
- Modelo, exemplo a imitar.
- (Filosofía) Na filosofía platónica, modelo perfecto e inmutábel que pertence ao mundo das ideas, á imaxe da que se fan os obxectos do mundo sensíbel.
- (Lingüística) Conxunto de formas que, na gramática tradicional, serven de modelo para os diversos tipos de flexión nominal e verbal.
- (Lingüística) Conxunto de unidades lingüísticas que manteñen unha relación de posíbel conmutación dentro da cadea falada.