ordinario
Aparencia
Galego
Etimoloxía: do latín ordinarium.
Pronuncia: /ɔɾ.ði.'na.ɾjo̯/ (AFI)
ordinario
(ms: ordinario; mpl: ordinarios; fs: ordinaria; fpl: ordinarias)
- Común, regular, que sucede habitualmente.
- Que non se afasta da normalidade.
- Que é de pouca calidade.
- Dise da persoa vulgar e sen distinción.
- Dise do gasto ou da comida que adoita ter unha persoa habitualmente na súa casa.
- (Dereito) Dise dun despacho corrente.
- (Relixión) Dise do bispo que ten diocese.
- (Relixión) Conxunto das oracións das partes invariábeis da misa.