ofrenda
Aparencia
Galego
Etimoloxía: do latín medieval offerenda, e esta do latín offerendus 'que debe de ser ofrecido', xerundivo de offerre 'ofrecer'.
Pronuncia: /o.fɾeŋ.ða̯/ (AFI)
ofrenda
(sg: ofrenda; pl: ofrendas)
- Aquilo que se ofrece a alguén.
- (Relixión) Don ou servizo que se ofrece á divindade para a expiación dos pecados ou en sinal de adoración.
- (Relixión) Pan e viño da eucaristía, presentados polos fieis no momento do ofertorio ou ao comezo da misa.
- (Relixión) Obxectos ou esmolas que se presentan ao sacerdote como sacrificio expiatorio ou para contribuír aos gastos do culto.