obxectividade
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: de obxectivo.
- Pronuncia: /ɔbʃɛktiβiˈðaðe̝/ (AFI)
obxectividade (sg: obxectividade; pl: obxectividades)
- Calidade de obxectivo.
- Calidade do que representa fielmente un acontecemento ou obxecto.
- Característica do que está exento de prexuízos e de elementos persoais, e do que non é influído por estes prexuízos ou variables persoais.
- Sinónimos: imparcialidade.
- Antónimos: parcialidade.
- (Filosofía) Calidade do que existe fóra do espírito.