nota
Aparencia
Galego
Pronuncia: /'nɔ.ta̯/ (AFI)
nota
(sg: nota; pl: notas)
- Marca, sinal ou indicación que se pon nunha cousa para chamar a atención sobre ela.
- Sinal coa que se distingue algunha cousa.
- Breve información escrita.
- Indicación esquemática que se recolle por escrito do que se le, se escoita ou se observa.
- Factura global detallada de gastos.
- Cualificación que se dá a un exame ou avaliación.
- (Dereito) Breve apuntamento formado sobre os recursos de casación civil por infracción da lei.
- (Dereito) Comunicación diplomática firmada que os axentes acreditados presentan aos gobernos.
- (Dereito) Comunicación diplomática, sen sinatura que, a xeito de observación ou de recordo, se dirixen os ministros de Asuntos Exteriores e os axentes acreditados entre eles.
- (Historia e (Dereito) asentamento das actas e contratos autorizados polos notarios dos séculos XIII ao XVIII, que estes rexistraban nos libros notariais.
- (Música) Signo que representa cada un dos sons dunha composición musical.
- (Relixión) Características que permiten discernir a Igrexa fundada por Xesús Cristo, que son, tradicionalmente, a apostolicidade, a unidade, a santidade e a catolicidade.
Termos relacionados
nota discordante, nota dominante, nota oficiosa, notas interlineais, tomar nota