nocturno
Aparencia
Galego
Pronuncia: /nɔk.tuɾ.no̯/ (AFI)
nocturno
(sg: nocturno; pl: nocturnos)
- Relativo ou pertencente á noite ou que ten lugar de noite.
- Que desenvolve toda ou case toda a súa actividade durante a noite, como fan algúns animais.
- (Relixión) Parte do oficio divino que se fai de noite, que consta basicamente de salmos e lecturas.
nocturno
(sg: nocturno; pl: nocturnos)
- (Música) Composición musical introducida no século XVIII, escrita xeralmente para instrumentos de vento, que era interpretada ao aire libre, tamén chamada serenata.
- (Música) Composición vocal para unha ou dúas voces, que xurdiu no século XVIII.
- (Música) Composición musical para piano, que xurdiu a finais do século XVIII, e na que predomina a melodía ornamentada.