neutralidade
Aparencia
Galego
Etimoloxía: de neutral.
Pronuncia: /new.tɾa.li.ˈða.ðe̯/ (AFI)
neutralidade
(sg: neutralidade; pl: neutralidades)
- Calidade de neutral.
- (Bioloxía) teoría da evolución non darwiniana que considera que unha gran parte das modificacións dos organismos son debidas ao azar, e que a maior parte das variantes xenéticas non foron sometidas ao proceso da selección natural.
- (Dereito) No dereito internacional, condición do goberno que refusa tomar parte, directa ou indirectamente, nunha guerra.
