mistura
Aparencia
Galego
Pronuncia: /misˈtuɾa̝/. (AFI)
mistura
(sg: mistura; pl: misturas)
- Acción ou efecto de xuntar varias cousas nunha soa.
- Conxunto composto por cousas diversas combinadas.
- Sinónimos: combinación, conglomerado, amálgama, mixtión, mestura.
- Exemplo: Sentiu unha mistura de dor e pracer.
- Substancia ou material alleo que se engade a algo principal, alterando a súa pureza.
- Exemplo: Esta tea non é la pura, ten mistura.
- Exemplo: Esta tea non é la pura, ten mistura.
- (Química) Unión de dúas ou máis substancias na que cada unha mantén as súas propiedades e pode ser separada por medios físicos.
- Exemplo: As partículas desta mistura poden separarse por decantación.
- Exemplo: As partículas desta mistura poden separarse por decantación.
- (Tecnoloxía) Composto gasoso formado por aire e combustible empregado como fonte de enerxía en motores de combustión interna.
Portugués
Pronuncia: (Portugal) /miʃˈtu.ɾɐ/, (Brasil) /misˈtu.ɾɐ/. (AFI)
mistura (sg: mistura; pl: misturas)