milfeiras

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Substantivo feminino plural

  1. (Carro) Remate dianteiro das cobertoiras -peza do xugo de mulida-, formado por un conxunto de flocos de corda ou coiro que penden sobre os ollos das reses xunguidas.
    • Exemplo: Nos días festivos, a muller de Tito do Casal ataba flores nas milfeiras das vacas. Estaba segura de que a Gallarda llo agradecía.

    • Sinónimos: cadilleira, mosqueiras.
    • Observacións: Teñen como función axotar as moscas. Nos xugos de cangallas ou de cancís non son precisas porque as vacas teñen maior liberdade de movementos que no xugo de molida, no que teñen a cabeza presa.