menopausa
Aparencia
Galego
Etimoloxía: do grego antigo μήν, μηνός mḗn, mēnós, 'mes', e παῦσις paûsis, 'cesación'.
Pronuncia: /me.no.'paw.sa̯/ (AFI)
menopausa
(sg: menopausa; pl: menopausas)
- (Fisioloxía) Cesamento das ovulacións na muller e, en consecuencia, da menstruación, que comporta unha atrofia das mucosas endométrica e vaxinal e do colo e do corpo do útero, que sucede entre os 40 e 50 anos e provoca trastornos moi diversos, como sufocacións, cefalalxias ou trastornos de emotividade.
- Época na que se produce o cesamento das ovulacións na muller.