manobra
Aparencia
Galego
Pronuncia: /ma.'nɔ.βɾa̯/ (AFI)
manobra
(sg: manobra; pl: manobras)
- Conxunto de movementos que, coa man, fai funcionar un instrumento, un mecanismo ou unha máquina.
- Conxunto de operacións destinadas a cambiar o movemento dunha máquina ou dun medio de locomoción.
- Conxunto de accións que se fan para acadar un fin.
- (Exército) Movemento ou serie ordenada de movementos dun corpo de tropa ou dunha escuadra naval.