distomatose hepática

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
(Redirixido dende mal do herbo)

Galego

Locución substantiva feminina

Ciclo biolóxico da Fasciola hepática

distomatose hepática

  1. (Veterinaria) Enfermidade parasitaria propia de vacas e ovellas, transmisible ó home, causada polo trematodo Fasciola hepatica ou Dicrocoelium lanceolatum.
    • Sinónimos: fasciolíase, fasciolose; denominacións populares: faixa, mal do herbo, papeira, papo.
    • Observacións: O parasito localízase nas vías biliares e provoca inflamación das vías, retención biliar e serios transtornos nutricionais. Síntomas características son o edema do papo (papeira) e erizamento do pelo na rexión das costas (faixa).

Traducións