longaìnza
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do latín vulgar lucanicia, influída polo latín longus, 'longo'.
- Pronuncia: /lon,ɡa.ˈin.θa/ ou /lon.ɡa.'in.sa/ (AFI)
longaìnza (sg: longaínza; pl: longaínzas)
- (Alimentación) Embutido longo e estreito, que ten a súa orixe en España, semellante ao chourizo pero feito nunha tripa máis estreita, formado polo intestino do porco recheo de carne deste aniaml picada e adubada con especias. Ademais de en España elabórase en diversos países, como Arxentina, Chile, Colombia, Ecuador, Paraguai, Panamá (onde se coñece como choriza), Perú, Uruguai e Venezuela, e tamén no resto de América, desde o sur dos Estados Unidos, México (onde son famosos os tacos de longaínza), o Caribe e Centroamérica, e tamén nas Filipinas.