inscribir
Aparencia
Galego
Etimoloxía: do latín inscribĕre.
Pronuncia: /iŋs.kɾi.'βiɾ/ (AFI)
inscribir
- Gravar palabras ou sinais sobre unha superficie sólida.
- Incluír un nome nun rexistro ou lista cunha finalidade concreta.
- Trazar un polígono no interior doutro polígono, ou un poliedro no interior doutro poliedro, de xeito que os vértices do primeiro polígono ou poliedro se sitúen sobre os lados ou as caras do segundo polígono ou poliedro, respectivamente.
- Trazar un polígono no interior dunha curva, ou ben un poliedro no interior dunha superficie, de xeito que todos os vértices do polígono ou do poliedro se sitúen sobre a curva ou a superficie sexa tanxente a todas as caras do poliedro, respectivamente.
- Trazar unha curva no interior dun polígono, ou ben unha superficie no interior dun poliedro, de xeito que a curva sexa tanxente a todos os lados do polígono ou que a superficie sexa tanxente a todas as caras do poliedro, respectivamente.
inscribirse