Saltar ao contido

indagador

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /indaɣaˈdoɾ (AFI)

Adxectivo

indagador
(ms: indagador; mpl: indagadores; fs: indagadora; fpl: indagadoras)

  1. Que se dá á tarefa de indagar ou coñecer [algo].
    • Exemplo: «Non había cambio na esencia. Había cambio na valoración. Non había, pois, xiro radical da postura indagadora. Mais o problema do home como ente sufridor e, en certo senso, facedor do seu propio padecemento, seguía en pé.»
       (García-Sabell, Domingo. Ensaios. Páxina 30. Editorial: Galaxia. Vigo. 1963)

Sinónimos

Traducións

Substantivo masculino

indagador
(ms: indagador; mpl: indagadores; fs: indagadora; fpl: indagadoras)

  1. Persoa que se dá á tarefa de indagar ou coñecer [algo].
    • Exemplo: «E alí estaba este modesto indagador no momento en que o vetusto cabaleiro e consumida criatura proclamou a grandes voces: —¡O neto de Tres Pernas!»
       (Fernández Álvarez, Manuel Santiago. A armada invencible. Páxina 24. Editorial: Edicións do Cumio. Vigo. 1996)

Sinónimos

Traducións

Referencias


Castelán

  • Pronuncia: /indaɣaˈðoɾ (AFI)

Adxectivo

indagador
(ms: indagador; mpl: indagadores; fs: indagadora; fpl: indagadoras)

  1. Indagador.
    • Exemplo: «Comprendió la sospecha, supo leer aquella coloración de luz eléctrica y aquel mirar indagador, y se hizo la distraída, afectando recoger y limpiar el manguito que se había caído al suelo».
      Comprendeu a sospeita, soubo ler aquela coloración de luz eléctrica e aquela ollada indagadora, e fixo a distraída, aparentando recoller e limpar o manguito que caera ao chan. (Pérez Galdós, Benito. Tormento [1884]. Páxina 155. Editorial: Universidad de Alicante. Alicante. 2002)

Substantivo masculino

indagador
(ms: indagador; mpl: indagadores; fs: indagadora; fpl: indagadoras)

  1. Indagador.

Sinónimos


Portugués

Adxectivo

indagador
(ms: indagador; mpl: indagadors; fs: indagadora; fpl: indagadoras)

  1. Indagador.