incubar
Aparencia
Galego
Pronuncia: /iŋ.ku.'βaɾ/ (AFI)
incubar
- (Zooloxía) Dito dunha ave ou doutro animal ovíparo, quentar os seus ovos, co seu corpo ou coa calor do aire, para que se desenvolvan os embrións e nazan as crías.
- (Medicina) Comezar a sentir ou a manifestarse os síntomas dunha enfermidade.
- (Tecnoloxía) Manter os ovos, embrións, bacterias, etc. en incubadoras durante certo período de tempo e nunhas condicións controladas de temperatura.
- (Figurado) Preparar laboriosa e minuciosamente unha trama oculta.