Saltar ao contido

imprimir

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

A Biblia de Gutenberg,
primeiro libro que se imprimiu
  • Pronuncia: /im.pɾi.ˈmiɾ/ (AFI)

Verbo transitivo

imprimir

  1. Facer unha obra impresa.
    • Exemplo: A nosa empresa imprimiu este ano máis de cen libros.

  2. Pasar a unha superficie como o papel ou un tecido caracteres ou signos gráficos, imaxes ou deseños.
    • Exemplo: No noso taller imprimimos os tecidos cunha técnica novedosa.

  3. Reproducir mediante presión nunha superficie as figuras ou imaxes presentes noutra superficie.
    • Exemplo: O Rei imprimiu no documento o seu selo.

  4. (Figurado) Facer penetrar algo de maneira profunda e duradeira no espírito de alguén.
    • Exemplo: O gusto pola vida pública está vivamente impreso na miña alma.

  5. (Figurado) Transmitir ou comunicar a alguén ou a algo un movemento, unha influencia, un carácter determinado, etc.
    • Exemplo: O Goberno da nosa Comunidade Autónoma imprimiu un novo xiro á súa política económica.