holometábolo
Aparencia
Etimoloxía: do latín científico holometabola.
Pronuncia: /ɔ.lo.me.'ta.βo.lo̯/ (AFI)
Adxectivo
[editar]holometábolo
(ms: holometábolo; mpl: holometábolos; fs: holometábola; fpl: holometábolas)
- Relativo ou pertencente aos holometábolos.
Substantivo masculino
[editar]holometábolo
(sg: holometábolo; pl: holometábolos)
- Insecto do grupo dos holometábolos.
Substantivo masculino plural
[editar]holometábolos
- Grupo de insectos caracterizados por experimentar un desenvolvemento por unha metamorfose completa. Neste tipo de desenvolvemento, as etapas inmaturas (larvas) son moi diferentes da etapa madura (adultos), o que permite que ambos os grupos ocupen nichos ecolóxicos distintos.