Saltar ao contido

hipopótamo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «hipopótamo».
Hipopótamo camiñando en terra
  • Pronuncia: /i.po.'pɔ.ta.mo̯/ (AFI)

Substantivo masculino

hipopótamo
(sg: hipopótamo; pl: hipopótamos)

  1. (Zooloxía) Mamífero artiodáctilo da familia dos hipopotámidos, de nome científico Hippopotamus amphibius, de gran tamaño, duns 3 m de lonxitude, corpo groso, pel grosa e case núa, cabeza e boca moi grades, orellas pequenas e patas curtas, que vive nos lagos e ríos da África subsahariana.